Axudaivos de min mozas
en canto estou nesta terra
non sei se volver a outra
e mirar como eu era
Podo notar que nas sesións pouco bailas,
Algo che está a pasar
Anque a túa voz cada vez máis alta se escoita
O teu deserto estase a espallar
Descansa na jaima, na jaima, na jaima
Como queras faina, tes raiba
Descarga e fai con ela galáctico estrume
Se te come hostil
O lume dende hai mil
Tes severa fame
E nin auga che queda no fusil
Ai! Alumeaches, así como verbena
Anque non chames eu ben sei que o precisas
Cóntame o medo, queda aquí uns instres, baleira o peto
Senta na cama, repasa o sonho, toma alento…
O teu estado é o que me importa
Desoutro nin che falo, a fala me corta
Non das furado esa mochila
So ti tes a ferramenta
Nada sintetizado,
Quero que me contes a que cheira o pasado
Anque nos dea a noite estoute a escoitar
Choro o teu fado
Os meus ouvidos para ti
So nos queda falar…
Falar, falar, falar , falar
O teu corpo falou, falar hai que falar
Cóntame o medo, queda aquí uns instres, baleira o peto
Senta na cama, repasa o sonho, toma alento…
Axudaivos de min mozas
en canto estou nesta terra
non sei se volver a outra
e mirar como eu era
OÁSIS
[GAL] A maior parte das persoas que habitamos no sistema podemos sentir o seu desequilibrio, a súa perpetuación e exageración das desigualdades. Non é cousa doada convivir con esta toma de conciencia e moitas persoas escollemos a vía da loita, da organización en contra dun inimigo común. Estes procesos poden ser duros, poden xenerar ansiedades por querer ver resultados ou sentimentos de soidade. Envoltas nunha maquinaria capitalista que non descansa e mercantiliza até os aspectos máis importantes das relación humanas, cústanos parar, escoitar ao corpo, pedir axuda ou descansar. “Oásis” non é máis que un ofrecemento explícito para sentar a conversar ou un ombreiro no que apoiar a mente un chisco; o recoñecemento da condición de esgotamento das persoas que habitan nas marxes e os coidados por parte de toda a comunidade para evitar ese esgotamento e ofrecer espazos seguros e de descanso.
A copla di “Axudaivos de min mozas en canto estou nesta terra, non sei se volver a outra e mirar como eu era” xunta a voz da grande Anaïs Barbier, reconhecida cantareira e pandereteira da Galiza.
[CAS] La mayor parte de las personas que habitamos en el sistema podemos sentir su desequilibrio, su perpetuación y exageración de las desigualdades. No es fácil convivir con esta toma de conciencia y muchas personas escogemos la vía de la lucha, de la organización en contra de un enemigo común. Estos procesos pueden ser duros y generar sentimientos de soledad o ansiedades por querer ver resultados. Envueltas en una maquinaria capitalista que no descansa y mercantiliza hasta los aspectos más importantes de las relaciones humanas, nos cuesta parar, escuchar al cuerpo, pedir ayuda o descansar. “Oásis” no es más que un ofrecimiento explícito para sentar a conversar o un hombro en el que apoyar la mente un rato; el reconocimiento de la condición de agotamiento de las personas que habitan en los márgenes y los cuidados por parte de toda la comunidad para evitar ese agotamiento y ofrecer espacios seguros y de descanso.
La copla dice “Axudaivos de min mozas en canto estou nesta terra, non sei se volver a outra e mirar como eu era” junto con la voz de la gran Anaïs Barbier, reconocida cantereira y pandereteira de Galiza.
LETRA
Podo notar que nas sesións pouco bailas,
Algo che está a pasar
Anque a túa voz cada vez máis alta se escoita
O teu deserto estase a espallar
Descansa na jaima, na jaima, na jaima
Como queras faina, tes raiba
Descarga e fai con ela galáctico estrume
Se te come hostil
O lume dende hai mil
Tes severa fame
E nin auga che queda no fusil
Ai! Alumeaches, así como verbena
Anque non chames eu ben sei que o precisas
Cóntame o medo, queda aquí uns instres, baleira o peto
Senta na cama, repasa o sonho, toma alento…
O teu estado é o que me importa
Desoutro nin che falo, a fala me corta
Non das furado esa mochila
So ti tes a ferramenta
Nada sintetizado,
Quero que me contes a que cheira o pasado
Anque nos dea a noite estoute a escoitar
Choro o teu fado
Os meus ouvidos para ti
So nos queda falar…
Falar, falar, falar , falar
O teu corpo falou, falar hai que falar
Cóntame o medo, queda aquí uns instres, baleira o peto
Senta na cama, repasa o sonho, toma alento…
Axudaivos de min mozas
en canto estou nesta terra
non sei se volver a outra
e mirar como eu era